Onte, ás 20:00 horas, produciuse na alcaldía unha reunión entre o rexedor de Malpica, Eduardo Parga Veiga, e unha representación dos praceiros. O motivo, explicar aos autónomos o procedemento para levar a cabo a poxa pública dos postos do mercado. O mandatario comentou que o Concello xa remitiu toda a documentación referente ao perfil do contratante ao BOP e que a partir do luns os interesados terán quince días de prazo para formalizar as súas ofertas mediante dous sobres pechados.
Fonte: La Voz de Carballo
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia