| Twittear |
A Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia establece no seu artigo 8º a creación do Rexistro Galego de Comercio.
O rexistro terá efectos estatísticos e nace co propósito de ter un censo actualizado dos establecementos comerciais e das actividades comerciais desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia.
O Rexistro Galego de Comercio será público e a inscrición no mesmo é gratuíta, e considerada condición indispensable para optar a calquera das liñas de axuda convocadas pola Administración da Comunidade Autónoma ou para participar activamente nos programas específicos.
Voluntariamente, calquera comerciante ou asociación poderá instar a súa inscrición no rexistro.
Estrutura
1.- Sección de Persoas comerciantes con establecemento permanente
2.- Sección de Persoas comerciantes polo miúdo sen establecemento
3.- Sección de Venda a distancia
4.- Sección de Venda Ambulante
5.- Sección de actividade comercial en réxime de franquía
6.- Sección de asociacións de persoas comerciantes
Tipos de inscricións
Voluntaria
Comunicacións previas necesarias:
De oficio
Actualizacións
Venda a distancia
Franquía
Venda ambulante que figuren inscritos.
En calquera momento aínda que se establece un prazo orientativo de 3 meses desde que se produce a variación.
Para os efectos da actualización permanente do rexistro, a dirección xeral de comercio poderá requirir a actualización a aquelas inscricións que leven máis de dous anos sen ser obxecto de modificación.
Cancelacións
A cancelación das inscricións terá lugar nos seguintes casos:
Inscripciones
Para proceder á inscrición no Rexistro Galego de Comercio prema o bánner de máis abaixo.
Regulación do Rexistro Galego de Comercio
Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia