Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas cidades e vilas, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asentan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos.
Comprar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, avalada polo labor dos miles de profesionais que traballan nos nosos mercados e fan destes os mellores lugares onde levar a cabo a compra de alimentos frescos que compoñen a nosa dieta diaria.
Ofrécenlles sempre aos seus clientes a máxima calidade, fomentan o consumo de produtos galegos e ofrecen a variedade en carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas... que require unha dieta equilibrada e saudable.
Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados. A súa proximidade e a súa amplitude de horarios evitan a necesidade de compras fortes e permiten dispoñer diariamente dos alimentos máis frescos.
O programa da televisión galega "A vida no mercado" permítenos descubrir estes espazos de vida:
Praza de abastos de Ribadeo:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-vida-do-mercado-cap-1-ribadeo-21-01-2012
Praza de abastos do Carballiño:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-vida-do-mercado-cap-2-carballino-28-01-2012
Praza de abastos de Ourense:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-vida-do-mercado-cap-3-ourense-04-02-2012
Praza de abastos de Pontevedra:
http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-vida-do-mercado
Praza de abastos de Portonovo:
http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-vida-do-mercado
Praza de abastos de A Coruña:
http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-vida-do-mercado
Praza de abastos de Carballo:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-vida-do-mercado-10-03-2012-carballo
Praza de abastos As Travesas de Vigo:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-vida-do-mercado-cap-8-as-travesas-de-vigo-17-03-2012
Praza de abastos de A Magdalena en Ferrol:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-vida-do-mercado-3
Praza de abastos de Santiago de Compostela:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-vida-do-mercado-cap-10-31-03-2012
Praza de abastos de Porriño:
http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-vida-do-mercado
Praza de abastos de Bueu:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-vida-do-mercado-cap-12-a-praza-de-bueu-14-04-2012
Praza de abastos de Lugo:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-vida-do-mercado-cap-13-a-praza-de-abastos-de-lugo-21-04-2012
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia